Ao final, non temos moito material, porque fumos a primeira pasada de Pambre, a segunda de Olveda (que se neutralizou) e pola tarde xa nos foi imposible grabar nada, tanto polos "domingueiros" que lles chamamos nós (e que todos sabedes quen son) como polas neutralizacións.
Querémoslle mandar un saúdo aos pilotos non tan punteiros, que non puideron correr moito neste rali, unha pena porque ao fin e o cabo son os que dan o verdadeiro espectáculo, tanto cas súas trazadas, moitas veces espectaculares, coma cas súas ganas de correr. Dádesnos envexa sana! Pero a ver se un día nos toca a nós, jeje...
Por último xa, que isto parece un testamento, queremos mandar moitos ánimos a un piloto super espectacular, guerreiro e ídolo que prá nós é Alberto Meira, e ao que desgrazadamente lle fixeron un ....... (non o digo pero imaxinádelo, non?)Non creo que nos leas, Alberto, pero non queremos perder a oportunidade de felicitarte polo rali que estabas facendo ( e canta ilusión nos faría verte no podium),e de comunicarche que estamos desexando verte outra vez polas estradas do país, dando guerra. ÁNIMO CRACK!!!!!!!!!!
AHHHHH, e LUME VALLEJO! (como non,jeje)

No hay comentarios:
Publicar un comentario