PASARON POR AQUÍ...


Contador web

domingo, 15 de marzo de 2009

Rali do Cocido 2009

Boas! Onte estivemos por terras lalinenses, e aquí vos deixamos o correspondente vídeo, dos tramos de Monte do Faro e Carmoega, nos que poidemos ver, en xeral, unha boa organización e moito espectáculo, pese a que sufrimos, unha vez máis, os efectos desas xentes que teñen tanto morro e se te poñen diante tras estar ti agardando 1 hora ou máis. Afortunadamente, a cousa foi ben, e puidemos gravar o que ides ver a continuación, je, je. Creo que realmente valeu a pena levantarnos ás 5 e pico da mañán, jeje. Bueno, destacar do rali a victoria de Bamarti e tamén ese merecidísimo teceiro posto de Alberto Meira, para que se desquite da Ulloa. Vaya mágoa de Vilariño, o pobre non dá pé con bola, a ver se se desquita tamén nas próximas probas. Unha pena tamén as neutralizacións, que afectaron a moitísimos pilotos da lista, unha vez máis, aínda que bueno, seguide ca ilusión de correr, que debe de ser moi bonito poder facelo, aínda con todos estos inconvenientes. Tamén destacar o papel de Filloy, ese "scratch" en Carmoega indo como ía sen cuarta... e tras quedarse parado no cruce no que estabamos (ao final do noso vídeo)!

En fin, que felicidades a todos os que remataron e ánimo aos que non, a seguir cas ganas de correr! Nós non entramos en polémicas de pilotos, aínda que podemos ter os nosos favoritos,e disfrutamos moito con todos, grandes e pequenos, así que no vídeo atoparedes, coma sempre, un pouco de todo. Agardamos que vos guste.
Por certo, temos un pouquiño máis de material que non puxemos no vídeo (tampouco moito) así que si vos interesa alguén en especial, preguntade, a ver se hai sorte.

Saúdos e ata a próxima.


No hay comentarios: