Boas!!! Tras un tempiño sen actualizar isto (e lamentando finalmente non poder ir ao rali da Ulloa, outra vez será), aqui vos deixamos o que vimos en Ferrol, nos tramos de Monfero-Irixoa (mereceu a pena madrugar) e As Somozas-As Pontes (no que non valeu de nada chegar con antelación, pois xa viñeron os "luce bronceado" e tatuaxes jetas a poñerse diante en sitios prohibidos pola organización, sen importarlles esta ou os que estabamos agardando antes, pero iso xa é outra historia, un tema que persoalmente me cabreou moito, e por algún lado ten que saírme a frustración, e é aquí, no blog). En fin, sen máis, aquí vos deixo as fotos e o vídeo do RFT no rali de Ferrol deste ano. Que vos guste! Saúdos!
Somos un par de afeccionados aos ralis que nos adicamos, dende o ano 2007, a seguir o campionato galego de ralis na medida en que podemos, facendo vídeos e fotos, que agardamos vos gusten, ata que chegue o día no cal nos poidamos competir nunha desas máquinas.