Pois nada, novamente vos deixamops por aquí un novo vídeo, neste caso dun rali de terra, que é unha cousa que nos encanta, inda que desta vez non houbo moito pó e iso desluciuno algo, a terra segue sendo a terra, e ten algo, é maxia, non sei... En fin, que vos guste, que é o importante! As curvas corresponden aos tramos C e A. Pd: en breve poñeremos algunha fotiño tamén... Saúdos.
Somos un par de afeccionados aos ralis que nos adicamos, dende o ano 2007, a seguir o campionato galego de ralis na medida en que podemos, facendo vídeos e fotos, que agardamos vos gusten, ata que chegue o día no cal nos poidamos competir nunha desas máquinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario