Xa esta aqui a nova tempada,cun Rali Comarca da Ulloa pasado por neve...
Destacar no deportivo a victoria merecidísima de Alberto Meira, desquitándose así cunha rotundidade bestial do accidente do ano pasado. Pareceunos bó tamén o rali de Vilariño(anfitrión que está a dominar o Megane xa por fin), Yago Varela e Pablo Silva...Na RACC Alberto Otero e os irmáns Bello, qué maneira de correr!; Pedro Villar na Curuxa e, como non, Rubén Santás (Puro espectaculo coma sempre) ou Marcos Rodríguez, con ese 106 vermello que parece atómico e que dará moito do que falar...
Tamén queremos destacar a Marta e Sonia, que aínda que a mañá tiveron algún pequeno susto pareceunos que pola tarde ían bastante ben co seu Fiesta ST, e a pesares de ter que abandonar, se non me equivoco.
E non nos queremos despedir sen mencionar un precioso AX laranxa de Melide Motor que miña nai como iba!!!Jejejej!
Seguro que se me olvida alguén pero bueno, que non vos mencione non quere dicir que non vos tiveramos en conta, conste, así que noraboa a todos!!
E por último aquí vos deixamos unha pequena mostra do que vimos, tedes que perdoar pero nós tamén estreabamos "máquina" e tivemos problemas de xuventude con ela, e logo por se fose pouco, co editor de vídeos, por iso este retraso, pero agardamos telo solucionado para a próxima vez. Agardamos que vos guste polo menos un pouquiño, e se queredes opinar, prá iso estamos.
Saúdos, grazas por lernos (se é que alguén nos lee, jej) e vémonos nas cunetas!
PASARON POR AQUÍ...
miércoles, 24 de febrero de 2010
martes, 9 de febrero de 2010
I Xuntanza do Motor en Lugo
Quentamos motores de cara á próxima tempada que xa comeza neste mes cunha selección de fotos das máquinas que se puideron ver na I Xuntanza do Motor da cidade de Lugo, organizada pola Escudería Miño, na cal participaron arredor de 60 coches, cos seus respectivos pilotos e copis. Puidemos ver, por exemplo, o novo Honda Civic de Avelino Basanta, o precioso Evo IX de Yago Varela "Pally", a nova montura de "Puigos", ese 106 con pinta de estar moi gordo, je, e os sempre vistosos coches do equipo Nupel, aínda que se trataba de dous Ford Focus RS, ao non estar a punto aínda os Fiesta...
Dende aquí queremos desexarlles moita sorte á todos, e a ver cando é o día que estamos nós ahí presentando tamén a nosa montura, jeje.
Saúdos, agardamos que vos gusten as fotos!












Dende aquí queremos desexarlles moita sorte á todos, e a ver cando é o día que estamos nós ahí presentando tamén a nosa montura, jeje.
Saúdos, agardamos que vos gusten as fotos!












Etiquetas:
coches rali,
coches rally,
coches rallye,
I Xuntanza do Motor Lugo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)