Boas!
Onte estivemos por terras de Noia (a min personalmente encántame a paisaxe, dito sexa de paso, je), nun rali no que ao final non nos tivemos que mollar (iso está ben por unha parte, pero a verdade é que ao final botamos de menos unhas cantas gotiñas máis,je). Neste vídeo, que vos recomendamos que vexades ata o final (que non é todo de fotos, iso é so o principio, catro fotiños) ides ver un par de cruces de San Finx e unha subida alí tamén, e unha curva en Tambre. A clasificación final foi toda unha sorpresa, con Sergio Pérez primeiro, e Amador Vidal 2º (botábase á terra,botábase jeje, nótase que lle gusta), e tamén felicitar a Meira por ese 4º posto,que siga así, je. Sempre é un pracer velo pasar,je. A todos os pilotos que non están en cabeza e que corren por amor a este deporte, unha aperta, seguide así, dando espectáculo e envexa sana aos máis, je.
En canto a Lisi...ai mi ma!!! Que home, volca e tan pancho segue en carreira, si señor, debe ter a cabeza ben dura..Je.
Sobre o tema de sempre do borrachos, millor non comentar nada, é millor obvialos, non teñen nin que ser protagonistas das nosas conversas, non hai millor cousa que a indiferencia (opinión persoal). Iso sí, igual que a organizaión quitou a xente en Tambre da cuneta, tamén debera quitala da saída da curva, porque estaban alí moi mal, metidos na estrada, apartando cada vez que pasaba un coche (e houbo sustos).
En fin, saúdos e vémonos na próxima.
PASARON POR AQUÍ...
domingo, 19 de abril de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)