PASARON POR AQUÍ...


Contador web

domingo, 14 de junio de 2009

Rali de Narón 2009

Por aquí andamos de novo... Esta vez ca quinta proba do campionato galego de ralis de asfalto, o rali de Narón. Un rali que se saldou con numerosos accidentes, averías e sustos, o que provoucou bastantes abandonos, moitos entre pilotos da cabeza, coma o caso de Blach, que estrenaba o seu Skoda. Primeiramente pensou que romperan o embrague (porque quedou "a medias", pisado), cando logo se decatou de que non foi así, xa que chamou a un técnico de Skoda que lle fai o mantenemento do coche e que non puido estar presente no rali, e éste lle preguntou se tivera o embrague pisado na saída máis de 10 segundos, e así foi. Parece ser que se se ten pisado máis de eses segundos, "bloquéase". Por iso logo saiu de coche "O" nos primeiros treitos da tarde. (A noticia saiu na radio, nun programa de motor da Cadena Ser, se non me engano). En canto ao resultado, gañou outra vez Pedro Burgo, sendo 2º Rey (que correu bastante, incluso casi se "da un baño" nas lagoas en Naraío), e 3º Doce, que tamén ía con "alegría". Foi unha pena non dar visto a pilotos coma Bermúdez ou "Puigos", sempre espectaculares, xa que seica romperon xa no primer tramo, antes de chegar a onde estabamos nós, ou esa é a información que teño, correxídeme se me equivoco...
En fin, coma sempre, moito ánimo aos que abandonaron, tamén aos pilotos máis modestos (e espectaculares), como sempre, felicidades aos gañadores, e un saúdo para Meira, jeje, aínda que non fixera podium.
En fin, que o vídeo fale por nós, jeje.


Saúdos e ata a próxima.

No hay comentarios: