PASARON POR AQUÍ...


Contador web

martes, 19 de mayo de 2009

Rali do Albariño 2009

Boas! Aquí de novo vos deixamos un vídeo do campionato galego de ralis de asfalto 2009, en concreto do rali Albariño, disputado por terras pontevedresas. Primeiro destacar a chuvia, que, como non! non ía faltar a este rali. Aínda que é a primeira vez que o RFT nos desprazamos ata alí, xa sabiamos por comentarios da xente que este era un rali pasado por auga que, de feito, condicionou gran parte da proba, pois fixo unha importante "escabechina" na lista de inscritos. Noraboa aos que remataron e moito ánimo aos que non o fixeron, e tamén moito ánimo para os que colleron catarro, coma me parece que me sucedeu a min, máis ou menos, e non me extraña, jeje.

En fin, bromas aparte, a choiva deixounos ver un bó rali, no que gañou Pedro Burgo, quedando 2º Alberto Meira (velo pola auga é épico, pena a diferenza de coche que ten con Burgo) e 3º Vilariño, que pese ao que din os seues detractores, está aí aí, en postos de cabeza, e cun Megane cunha decoración nova preciosa.
Tamén un saúdo, coma sempre, aos pilotos de coches máis modestos, que son coma sempre a alegría dos ralis (viva a "alejría do freno de man" non?je) Tremendo Carracedo tamén, 4º, co GTurbo, sexa ou non sexa legal, non sei, pero é unha bala, mi ma! Derrapa e fai bos tempos o tío ademais! Tamén Lisi, aínda que non o puidemos ver moito, na súa l´ña de loucura, que piloto máis bravo, mi madriña! Vede no vídeo, na zona da ponte, a ver que vos parece...



Por último xa, agradecer á xente que nos axudou neste rali, tanto facéndonos un sitiño á mañán (aínda que a pasada por Moraña finalmente neutralizouse, pena) e aos que nos axudaron co coche nun problemiña que tivemos. Graciñas e vémonos no próximo.

Saúdos.

No hay comentarios: