Xa esta aqui a nova tempada,cun Rali Comarca da Ulloa pasado por neve...
Destacar no deportivo a victoria merecidísima de Alberto Meira, desquitándose así cunha rotundidade bestial do accidente do ano pasado. Pareceunos bó tamén o rali de Vilariño(anfitrión que está a dominar o Megane xa por fin), Yago Varela e Pablo Silva...Na RACC Alberto Otero e os irmáns Bello, qué maneira de correr!; Pedro Villar na Curuxa e, como non, Rubén Santás (Puro espectaculo coma sempre) ou Marcos Rodríguez, con ese 106 vermello que parece atómico e que dará moito do que falar...
Tamén queremos destacar a Marta e Sonia, que aínda que a mañá tiveron algún pequeno susto pareceunos que pola tarde ían bastante ben co seu Fiesta ST, e a pesares de ter que abandonar, se non me equivoco.
E non nos queremos despedir sen mencionar un precioso AX laranxa de Melide Motor que miña nai como iba!!!Jejejej!
Seguro que se me olvida alguén pero bueno, que non vos mencione non quere dicir que non vos tiveramos en conta, conste, así que noraboa a todos!!
E por último aquí vos deixamos unha pequena mostra do que vimos, tedes que perdoar pero nós tamén estreabamos "máquina" e tivemos problemas de xuventude con ela, e logo por se fose pouco, co editor de vídeos, por iso este retraso, pero agardamos telo solucionado para a próxima vez. Agardamos que vos guste polo menos un pouquiño, e se queredes opinar, prá iso estamos.
Saúdos, grazas por lernos (se é que alguén nos lee, jej) e vémonos nas cunetas!
PASARON POR AQUÍ...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pois para min un dos mellores videos que vin, corto, intercalando zonas... Gustoume sobre todo porque hai imaxes da horquilla onde fumos nós, a de Filgueiras e tabamos xunta vosa alí nas escaleiras xa subindo da curva!
A música pa gustos,mentres se oian igual os motores...
Moitas grazas! Alégrome de que che gustase o vídeo, e tamén de que escribiras a túa opinión.
Un saúdo, perdoa pola tardanza en responder...
Publicar un comentario