PASARON POR AQUÍ...


Contador web

martes, 27 de octubre de 2009

Rali de Cabanas 2009

Logo do sabor agridoce que nos deixou o pasado rali San Froilan a seguinte cita no noso calendario era o rali de Cabanas, puntuable para o campionato nacional de terra, así que alí estivemos o sabado con moita chuvia e barro,moito barro!
Non somos obxetivos coa terra, pero encantounos o rali e os pilotos, que ademais nas entrevistas na radio nos pareceron todos moi simpáticos e educados.

No deportivo destacar sobre todo aos seguintes pilotos, aínda que todos merecen a noraboa:
Yeray Lemes, que a parte de ser super espectacular parece que crece como piloto, sendo cada vez máis rapido e con máis cabeza.
Tamén Xevi Pons(a min pareceme un pilotazo,unha magoa o percance que sufriu e lle impediu pelexar a victoria), Amador Vidal(tenos gañados totalmente,por agresivo e súper simpático,unha pena que non siga o campionato)...
Gustounos moito tamén Antxustegui co "pequeno" Golf Mk 2; Ricardo Vidal, que debutaba cun 106 que retumbaba en kilometros a redonda,e tamén nos gustou o piloto do Ibiza de apelido Vallejo, que aínda que sufriu algúns percances, deuno todo por sacar adiante o rali.
E só me queda por destacar a Blázquez (espectacular tamén) e, como non! a Nani Roma, que prá algúns de nós é un auténtico ídolo.

Aínda que tamén (e como sempre) nos gustaron moito os "pequeniños" en xeral: os Golf,os Ka,e o 205 rallye azul. Era incrible como saian dos barrizais!

E bueno, dito todo isto,aí abaixo vai o vídeo, a ver se vos gusta. Non terá a mellor calidade de imaxen pero desborda ilusión. Agardamos tamén as vosas opinións, coma sempre.
E acabo cunha frase que nos encanta:
A TERRA E A TERRA.
Ten algo moi moi especial.
Saudos e graciñas.


No hay comentarios: